Independencia

Froilán RexAno 2031, centenario da II República Española. Unha ditadura manda en España, a chamada ditadura constitucional. Tras unha reforma política impulsada pola crise económica dos anos dez, a constitución de 1978 mantense aínda vixente, pero modificada en varios títulos, especialmente no título VIII, onde logo do ano 2023 se consagra a supresión de concellos e autonomías por mor de reducir o gasto administrativo. Só as decimonónicas deputacións provinciais continúan en funcionamento como piares da organización territorial. O Partido Popular Obrero Español, o PPOE, único partido legal, exerce o goberno con indiscutible eficacia na xestión presidido por Mario Conde Roa baixo o reinado impoluto e borbónico de Juan Felipe Froilán de Marichalar Borbón y Cuenta Nueva, máis coñecido como Froilán I.

Pero o día 14 de Abril, nun recanto do río Ulla, os veciños de Gundián, aldea esquecida entre a provincia da Coruña e a de Pontevedra, deciden chantarlle no fuciño un ultimato ao estado español. Ou este lles concede a soberanía fiscal ou os veciños procederán a proclamar a independencia de Gundián como república plenamente soberana.

Esmagado polos recortes e a crise económica endémica, o estado español non conta con medios para reprimir a sublevación. A crise e o espectáculo están servidos en bandexa.

Advertisements

Deixar un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s