Andaravía Teatro

Andaravia TeatroAndaravía Teatro é unha compañía de teatro amador impulsada pola Asociación Cultural Papaventos de Vedra, asociación en activo desde novembro do ano 88. A asociación, vencellada ao teatro desde o inicio, comezou as súas andainas escénicas con dous espectáculos, “A Lenda de Xan Bonome” e “O Mozo que chegou de lonxe”, acadando un posto finalista no ano 92 no Certame de Teatro Amador da Xunta de Galicia con “O Achado do Castro”. No 94 seguiuse a montaxe de “Os Cravos de Prata”, tras a cal a asociación cesou a súa actividade durante unha longa tempada. Foi no Nadal de 2001 que un grupo de mozos e mozas se implican na Aula de Teatro do Concello de Vedra, e recóbranlle o pulso á asociación pondo a andar un novo proxecto: a compañía Andaravía Teatro. O profesor da aula, Pepe Penabade, actor e director da compañía profesional Volta e Dálle, foi peza clave nesta nova andaina xunto doutras persoas como Manuel Alvela “Nande”, daquela concelleiro de Cultura do Concello de Vedra, quen aposta claramente pola canteira teatral vedrense e impulsa de maneira decisiva o novo proxecto, contando co entusiasmo de moitos e moitas veciñas da vila.

Sucédense entón as primeiras montaxes, como “Directamente Nós”, “Nadal Imprevisto” ou “Chou Chechuá” nas que a compañía entra en contacto co seu público natural. Chegan logo as fábulasde Blanco Amor “Micomicón e Adelala”,  “Juan El Pantera” e “Bicos”, a súa obra máis representada, da man de Fina Miguelez; Con Xoan Curiel estrean “Metus”,  “Anacós de nós”,  “Parella Aberta” e “A cantante calva”, de Ionescu. Da man de Marcelino de Santiago “Kukas” levan a cabo “Asemblearias”, ainda en cartel, peza que dará paso este ano a “República de Gundián”, nesta ocasión da man de Carlos Santiago e Pepe Penabade, que se reencontra así coa compañía, da que foi impulsor orixinario.

Pero sen dúbida, un dos logros máis emblemáticos da Asociación Cultural Papaventos é a Mostra de Teatro Amador “Teatrofilia”, que xa na súa décima edición, é todo un referente do teatro amador na Galiza.

Deixar un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s