República

República de Gundián é un espectáculo escrito por Carlos Santiago e dirixido polo propio autor en colaboración con Pepe Penabade para o grupo de teatro Andaravía, da Asociación Cultural Papaventos de Vedra. A súa estrea vai ter lugar os días 1 e 2 de Xuño de 2013 no Centro Socio-Cultural da Terceira Idade da mesma vila.
Mapa de Gundián

A República de Gundián naceu do reencontro entre esta veterá compañía de teatro amador e un dos seus impulsores, Pepe Penabade, actor e director da compañía Volta e Dalle, que alá polo ano 2003 xungiu os excelentes vimbios da canteira teatral vedrense para pór en andamento o proxecto de Andaravía Teatro. Dez anos despois, a compañía botou man aínda do escritor e dramaturgo compostelán Carlos Santiago para urdir un espectáculo de raivosa actualidade so formato de sainete futurista.

Non podía ser doutro xeito, pois o sainete, é xénero popular dado a transgresións. Son os principios do sainete a actitude crítica, a sátira de costumes, a autonomía estética, a presenza da música, o abondoso número de personaxes e a mestura indiscriminada de clases sociais sobre o palco. Ten aínda o xénero en moitas das súas realizacións, como no afamado sainete valenciano, a agudeza de identificar as clases sociais pola súa adscrición lingüística, o que vén que nin pintado para expresar de xeito abertamente maniqueo o propio conflito idiomático galego na súa mesma raíz. A todo isto, súmalle Andaravía Teatro a perspectiva do tempo, situando a acción nun futuro cada día menos lonxano: o 14 de Abril de 2031. Ese día, din os sabios máis vellos do lugar, a Nosa Señora de Gundián ha de fartarse de todo e volver o estado español do revés, tal que a cabeza dun pulpo de raxos desmandados.

Advertisements

Deixar un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s